Cabeceira4

e deseñan

 

e colaboran

e cantan, falan

O Colectivo Tatalo

O Colectivo Tatalo constitúese no ano 2006 co obxectivo de organizar un evento que tivese por eixe a Oralidade, unha Festa da Narración Oral.

É empeño do Colectivo que a Festa teña periodicidade anual, e que sirva para convocar, arredor das historias contadas en viva voz, a cantas persoas queiran achegarse por esas datas ao concello de O Pino.

A denominación do Colectivo toma o hipocorístico familiar de Rocío Pena Blanco, compañeira e amiga inesquecible. Arredor do seu recordo xuntámonos para lembrar, sobre todo, as longas conversas nas que as súas palabras nos marabillaban. Realizar unha convocatoria pública sobre a Oralidade pareceunos, sen dúbida, a mellor maneira de honrar a súa memoria.

Entidades Organizadoras

NEGtatalo

Integrantes do Colectivo

Alberto Pena Rúa
Ana Cadenas Pérez
Benxa Salgado Gómez
Carmela Mariño Montero
Loli Rúa Barcia
Manolo González Seoane
Mari Pena Blanco
Marusela Pena Blanco
Paco Veiga García
Quico Lareu Barreiro
Vito García Álvarez
Xoanca Albarellos Codesido

 

ESCRÍBENOS